Servizo de campañas oceanográficas e laboratorio

Sondara Solucions, como empresa especializada en traballos oceanográficos, informa dos nosos servizos de apoio en campañas oceanográficas.

A formación multidisciplinar e a experiencia do noso persoal técnico, con centos de días de traballo a bordo, permítenos ofrecerlle de xeito concreto os seguintes servizos:

⊕ Deseño e organización do traballo de campo:

  • Estudo e redacción do plan de campaña dacordo cos seus obxetivos e coñecemento previo
  • Deseño de estratexia de mostraxe e das accións necesarias
  • Realización do listado de material necesario para a campaña
  • Redacción de protocolos de mostraxe e análise

⊕ Apoio de persoal embarcado durante campaña

  • Mostraxe de roseta, draga, redes de plancto, etc...
  • Manexo e procesado de datos de CTD y ADCP
  • Filtrado de mostras
  • Análise e procesado de distintas variables: osíxeno, clorofila, nutrientes, salinidade, pH, alcalinidade, carbono total...

⊕ Traballos de post-campaña

  • Análise de mostras
  • Informes bionómicos e de caracterización sedimentaria
  • Procesado, control de calidade e tratamento estadístico dos resultados
  • Elaboración de gráficas de resultados
  • Redacción de informes de campaña

Ademais, tamén realizamos traballos subacuáticos como:

  • Filmacións subacuáticas georeferenciadas
  • Labores de mergullo profesional

© Sondara Solucións · R/María Berdiales 39 · 36203 Vigo · Tel: 692 021 024 · sondara@sondara.com